ecuador 14 Dec 2006 07:44 p.m.

de volta

ala-vou.jpg

Acabaron os tres meses, e con eles as prácticas. Sexta pola mañá comezaremos a desfacer o camiño. Sairemos cedo de Portoviejo cara Guayaquil, onde colleremos o avión de volta: once horas de vó, case que seis de escala e outra máis a voar para chegarmos a Compostela.


Continue Reading »

ecuador 01 Dec 2006 05:08 a.m.

quito

quito.jpg

A semana pasada vivímola na capital administrativa e cultural da República. Quito calcúlase que reúne a máis de 1.800.000 persoas nun estreito val situado a 2850 metros de altitude, rodeado de montañas (entre elas o volcán Pichincha) coas abas inzadas de eucaliptos. É o segundo maior núcleo de poboación de Ecuador, só por baixo de Guayaquil, a capital económica.


Continue Reading »

ecuador 14 Nov 2006 09:34 p.m.

agua blanca

enterramento-mantenho.jpg

Sábado visitei a comunidade Agua Blanca, unha das situadas dentro dos límites do Parque Nacional Machalilla, concretamente nunha zona con presenza de restos arqueolóxicos da cultura manteña e augas sulfurosas. A visita foi de traballo, teñen un problema co lixo.


Continue Reading »

ecuador 08 Nov 2006 05:49 p.m.

(s)en bici

bici-auga.jpg

Xa comentei hai algún tempo que en Portoviejo había máis bicis das que nunca vira. En todos os lugares que até o de agora visitei de Ecuador, a presenza de bicicletas e triciclos é salientábel, tamén na Serra e no Oriente, se ben quizá o seu uso sexa maior na costa, ou máis concretamente en Manabí.


Continue Reading »

ecuador 28 Out 2006 03:55 a.m.

auga

poza honda.jpg

En América do Sul atópanse o 28% dos recursos hídricos renovábeis do planeta, é o lugar do mundo con maior cantidade de auga por habitante (se ben esta relación está a baixar a un ritmo mui rápido), ao tempo que un terzo do subcontinente é árido ou semi-árido. Ecuador tamén é rico en auga doce, pero non está repartida homoxeneamente nen polo seu territorio nen entre os seus habitantes… e que sexa doce non quer dicer que sexa potábel.


Continue Reading »

ecuador 18 Out 2006 01:35 a.m.

entre sucre e san vicente

mangle.jpg

Este fin de semana estivemos nos cantóns de Sucre e San Vicente, situados na costa, ao
Norte de Portoviejo, e separados polo río Chone. Pensabamos visitar esta zona, e eu tiña que ir Sábado por causa do traballo, así que sobraban motivos. Domingo houbo eleicións, o que complicou bastante os desprazamentos, pero pagou a pena.


Continue Reading »

ecuador 13 Out 2006 05:57 p.m.

á procura do voto responsábel

volvoreta tronco.jpg

Domingo celébranse eleicións en Ecuador. No caso das presidenciais, que son as que máis atención e esforzos concentran, será a primeira volta. Nos últimos días é máis fácil ouvir á xente falar da convocatoria ás urnas, se ben a percepción negativa que se ten d@s gobernantes no seu conxunto segue sen diminuír, e é que foi gañada a pulso. Nos últimos dez anos Ecuador tivo sete presidentes. A actual Constitución é de 1998 e a anterior, de 1979, sufriu reformas en 1983, 1992 e 1996.


Continue Reading »

ecuador 06 Out 2006 11:26 p.m.

pobres ecoloxistas!

flor vermella.jpg

A idea de que a preocupación polos problemas ambientais é cousa de ricos, de países e persoas que teñen solucionadas unha serie de necesidades básicas, está bastante estendida no mundo. Non sei se en Ecuador tamén, pero o caso é que neste país existen organizacións ambientais, e non son un fenómeno recente. Será pola biodiversidade que alberga o seu territorio, ou quizá a pobreza non está reñida co ecoloxismo?


Continue Reading »

ecuador 02 Out 2006 08:13 p.m.

oasis

letreiro destructores.jpg

En Portoviejo existe un modesto Xardín Botánico. É un lugar tranquilo, agradábel, no que se pode pasear ou simplesmente descansar. Depende da Universidade Técnica de Manabí e nos fins de semana a visita pódese facer co acompañamento dun(ha) guía. Paga a pena.


Continue Reading »

ecuador 29 Set 2006 05:03 p.m.

traballo

flores amarelas.jpg

Levo quince días en Ecuador e aínda non falei nada do meu traballo aquí. As miñas prácticas desenvólvense na ADPM (Agencia de Desarrollo Provincial de Manabí), unha entidade pública que se rexe polo direito privado, impulsada pola AECI (Agencia Española de Cooperación Internacional) e o Consejo Provincial de Manabí e, polo tanto, de composición mixta.


Continue Reading »

Páxina seguinte »

Olark Livehelp